InicioPolíticaMal estado de obras do concello de Folgoso do Courel?

Mal estado de obras do concello de Folgoso do Courel?

O PSOE de Folgoso do Courel denuncia o mal estado de obras en vías que executou o Concello con fondos transferidos da Deputación para melloras en servizos públicos aos veciños.

Publicado o

- Advertisement -

A voceira socialista, Carmen Álvarez, solicitou á Alcaldesa ter acceso a toda a documentación oficial sobre estas actuacións para poder contrastar as obras que recollen os proxectos coas feitas polo goberno municipal do PP.

As obras ás que se refire son as realizadas na estrada de Folgoso a Seceda, no camiño de Ferreiros de Abaixo a Ferreiros de Arriba e nos accesos a Noceda e á aldea do Mazo.

Carmen Álvarez aseguraba que “os veciños que viven nestas zonas rurais de Folgoso do Courel trasladáronnos o seu descontento co resultado das obras feitas polo Concello. A Alcaldesa e o seu quipo de goberno terán que explicar porqué certificaron e deron o visto bo a estas actuacións. Agardamos que exista un tempo de garantía de ditos traballos para poder emendar este problema porque do contrario a rexedora popular haberá permitido malgastar cartos públicos de todos os lucenses”.

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...