BNG do Saviñao demanda saneamento e beirarrúas para Cima de Vila

Os nacionalistas instan ao goberno municipal do Saviñao a solicitar unha liña de subvencións da Xunta para este fin.

Cima de Vila / BNG

Segundo o BNG, na rúa Cima de Vila, preto da Praza Maior, hai un nutrido grupo de vivendas, que non dispoñen de saneamento nin beirarruas, a pesar de que este chega moi preto das súas casas e a de que os veciños o levan solicitado en múltiples ocasións.

Os nacionalistas xa levaron a pleno, o pasado 31 de agosto, o malestar da veciñanza pola falta de dotacións de saneamento para esta céntrica rúa de Escairón. Agora piden, que xa que a Xunta vén de sacar unha liña de subvencións para este fin, en concellos de menos de 5000 habitantes, que se solicite para este fin.

É tan difícil de crer que vivindo no centro urbano de Escairón, pagando IBI de máis de 800 €, estas casas carezan dun servizo tan básico e esencial en pleno século XXI”, declara a concelleira do BNG Antía Nieves. Os nacionalistas reclaman unha solución urxente a este problema e que xa que a veciñanza paga impostos, que poida contar cuns servizos mínimos.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here