InicioPolítica“Quiroga conta con 3 centrais hidroeléctricas sen que isto supoña ningún abaratamento...

“Quiroga conta con 3 centrais hidroeléctricas sen que isto supoña ningún abaratamento na factura da luz”, din dende o BNG local

Os nacionalistas estarán este domingo 10 de febreiro, na feira de Quiroga, cun posto de recollida sinaturas a favor do abaratamento do recibo da luz cunha tarifa eléctrica galega.

Publicado o

- Advertisement -

O acto de recollida de sinaturas forma parte da campaña que o BNG desenvolve en todo o país contra a subida da luz e que, segundo din na formación do bloque local, “en Quiroga cobra aínda máis sentido ao padecer as consecuencias de ter tres centrais hidroeléctricasSan Martiño, Montefurado e Sequeiros- sen que isto supoña ningún tipo abaratamento na factura da luz”, polo que tamén presentarán unha moción para tratar o asunto nun Pleno municipal.

Dende o BNG entenden que sendo Galiza un país excedentario en materia de produción de enerxía, é escandalosa a suba do recibo da luz que volveu incrementarse no mes de xaneiro, agravada ademais polo denominado “suplemento territorial” -a aplicar entre 2019 e 2020- que penaliza gravemente a Galicia.

Os nacionalistas ven como unha estafa que se pague un 31% máis no recibo da luz que hai oito anos e que só no período do último ano, de 2017 a 2018, o recibo subira un 8,6%.  Engaden ademais que sendo Galicia produtora de enerxía eléctrica, e nutrindo a outras partes do estado, pagará o 34% da subida mentres que Madrid, deficitaria, tan só o 2,1%.

Esta lóxica de que quen ten máis recursos e consume máis pague menos é vista como unha estafa e un espolio, tendo claro dende a oposición quiroguesa que “se producimos electricidade temos dereito a que esa riqueza reverta sobre o pobo”.

Por todo isto, o BNG defende que os recursos enerxéticos da Galicia deben estar baixo control público galego e, dentro da campaña, plantexa as seguintes propostas: unha tarifa eléctrica propia para Galicia que atenda aos verdadeiros custos da produción e que sexa máis barata para particulares e para empresas,  a eliminación dos suplemento territoriais que debe pagar cada comunidade autónoma, a baixada do IVE na factura eléctrica do 21% actual ao 4% -superreducido como o aplicado a bens e primeira necesidade-, garantir o subministro a toda a poboación e a creación dunha empresa pública galega que integre os encoros que remataron o período de concesión.

ÚLTIMAS

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....