A alcaldesa de Sarria, “agraviada” pola dirección provincial do PSOE en Lugo?

Pilar López Yáñez asegurou sentirse "agraviada" pola dirección provincial do PSOE en Lugo ao rexeitar que sexa designada como candidata sen presentar unha lista completa, un requisito que non se esixiu a candidatos doutros municipios da provincia.

María de Pilar López / Concello de Sarria

A rexedora trasladou o seu malestar por este ‘agravio comparativo’ nun escrito remitido a Ferraz despois de que por segunda vez se suspendese a asemblea na que se prevía que fose nomeada polo PSOE de Lugo como aspirante á Alcaldía de Sarria.

A alcaldesa explicou que despois de que se lle esixise este requisito por primeira vez, enviou senllos escritos á executiva provincial e galega para que se lle posibilitase ser elixida. Máis información no Galicia Confidencial.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here