O PSOE de Chantada coñece as inquedanzas do sector comercio

A Agrupación socialista de Chantada comezou unha campaña polos diferentes establecementos da vila para coñecer de primeira man as demandas e propostas dos comerciantes.

PSOE con comerciantes de Chantada / PSOE Provincial

O obxectivo destas citas é recoller a voz dos expertos e incorporar as súas achegas ás propostas que leva a agrupación no seu programa electoral. A través dun cuestionario, os socialistas preguntaron sobre posibles cambios de datas festivas, sobre a posibilidade de que as campañas de promoción sexan máis efectivas ou sobre o papel que poden xogar as administracións públicas e, especialmente, os Concellos no ámbito da dinamización do comercio.

Segundo os socialistas de Chantada, esta iniciativa é fundamental para coñecer as virtures e carencias do sector e conseguir que o comercio sexa un polo de atracción turística na vila.

“Cremos firmemente que hai os elementos materiais, humanos e físicos para converter Chantada nun centro de comercio de primeiro nivel. Empezando polas propias tendas e propietarios” destacaron.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here