Ramiro Moure, candidato a revalidar a alcaldía do PP en Taboada

O actual alcalde concorrerá ás eleccións municipais de maio coa intención de continuar no cargo catro anos máis para, segundo afirmacións súas, seguir ofrendo servizos e benestar para os taboadeses.

Ramiro Moure, alcalde de Taboada. Fonte: PP provincial de Lugo

Ramiro Moure Ansoar, mestre industrial e funcionario de Institucións Penitenciarias, é alcalde de Taboada dende o ano 2009 e dende entón acadou maioría absoluta nas municipais de 2011 e 2015. Presidente dos populares de Taboada e coordinador territorial da Comarca de Chantada, tamén é deputado provincial.

A presidenta provincial do PP, Elena Candia, destaca “o apoio maioritario que os veciños e veciñas ofreceron nas anteriores eleccións municipais apoiando o compromiso do rexedor popular por dar resposta ás necesidades do día a día dos taboadeses”.

Pola súa parte, Ramiro Moure explica que dende o Goberno traballan para ofrecer servizos básicos para a veciñanza como por exemplo o servizo de axuda no fogar que conta con 23 traballadoras que ofrecen atención a persoas en situación de dependencia.

Así mesmo, amosa o seu compromiso por “continuar a desenvolver unha rede de servizos aos veciños en materia de infraestruturas mellorando pistas e accesos ademais da renovación do alumeado público”.

Moure tamén pon en valor o importante investimento na renovación do campo de fútbol municipal para dotar ao equipo local dunhas infraestruturas axeitadas e asume o compromiso de poñer en marcha, en canto sexa posible, a creación do polígono industrial para fomentar o asentamento de empresas e de poboación.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here