Agroma Sober doa fondos a asociacións do concello

Agroma Sober convoca unha asemblea aberta o vindeiro domingo, 24 de marzo, con xantar de confraternidade.

Concello de Sober. Fonte: Concello

Na asemblea darase conta do traballo feito e recolleranse as primeiras propostas para a candidatura das eleccións municipais de maio de 2019.

Tamén se decidirán os proxectos aos que doan parte dos fondos percibidos en concepto de percepcións dos concelleiros por asistencias a plenos e fan un chamado a que as asociacións envíen proxectos e propostas antes do vindeiro 20 de marzo, para poder decidir o destino concreto dos fondos na asemblea do 24. No apartado dación de contas da páxina web poden consultarse as finanzas da agrupación local (aquí).

Tamén antes do día 20 deben de inscribirse as persoas interesadas en participar do xantar. Animan á cidadanía a participar e animan ás asociacións de Sober a presentar propostas e proxectos para apoialos.

Agroma Sober

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here