O número 2 da candidatura do PP de Láncara levanta as críticas do Psoe

Carlos Fernández Díaz, actual concelleiro en Láncara de Compromiso por Galicia, é o número 2 da candidatura dos populares neste concello. Segundo o PSOE a fichaxe do PP cambiou 4 veces de formación política en 10 anos.

Casa Consitorial Láncara / wikipedia

Segundo o Alcalde de Láncara, Darío Piñeiro, “O PP demostra non ter un proxecto político fichando a Carlos Fernández Díaz como número 2 para Láncara”. Para o socialista, a medida do PP demostra o seu nerviosismo e a incapacidade de ofrecer un proxecto político e social solvente e de futuro aos lancareses.

Darío Piñeiro lamentou que Fernández Díaz “non teña dignidade política e mude de ideoloxía cada 2 por 3. Da igual onde estea ou que o modelo político sexa de esquerdas ou de dereitas, o único que lle interesa é manter a cadeira no Concello de Láncara. Ten un fondo de armario moi amplo para gardar todas as chaquetas que ten que poñer cando se achegan unhas eleccións”.

Segundo Piñeiro, o número 2 dos populares traizoa ao veciños cambiando de siglas e pídelle que explique “que lle ofrece o PP para que a 2 meses dunhas eleccións municipais decida cambiar de partido”.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here