Os socialistas de Sober anuncian que votarán en contra dos orzamentos por falta de tempo para estudalos

O Psoe de Sober asegura que tiveron 2 días para estudar as contas que se presentan no Pleno Extraordinario deste xoves.

PSOE Sober / PSOE Provincial

Eladio Fernández, voceiro socialista en Sober sinala que “Ante a falta de tempo material para poder examinar con detalle o orzamento e así presentar algunha proposta ou emenda en relación ao mesmo, dende o PSOE imos a votar en contra”. Consideran os socialistas que se está a obstaculizar o labor de fiscalización da oposición.

Acusan, ademais ao equipo de goberno de “non estar cumprindo os acordos aprobados no Pleno da Corporación posto que os socialistas solicitamos ao rexedor do PP que facilitara por correo electrónico toda a documentación dos plenos, os decretos aprobados por Alcaldía, as actas das Xuntas de Goberno, así como toda a información relevante para o municipio, pero non nos está chegando nada”. O voceiro municipal destacou que fixeron esta proposta para facilitar o traballo aos concelleiros porque, a maioría traballan e non poden achegarse a pola documentación ao Concello.

Din os socialistas, que o comportamento do alcalde dálles que sospeitar de que oculta algo con respecto ás contas deste ano e esíxenlle máis transparencia na súa xestión e respecto para o resto de grupos políticos, que representan aos veciños.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here