O alcalde de Chantada formaliza a súa alta nas filas do PP

O PP provincial remitía a media tarde deste mércores a confirmación oficial de que Manuel Lorenzo Varela acude ás municipais co PP.

Alcalde de Chantada / Concello de Chantada

Segundo o alcalde de Chantada e novo candidato popular á alcaldía de Chantada, trátase dunha nova situación que resposta a “unha decisión meditada e pensada porque é o mellor para Chantada”.

Neste senso, adianta que traballará por seguir traendo servizos para os veciños e mellorar as infraestruturas do municipio. Dentro deste obxectivo, destaca, precisamente, a autovía a Ourense. “Son moitos os anos que levo demandando esta estrada e seguireino facendo nesta nova etapa”, afirma.

A presidenta do Partido amosa a súa satisfacción pola reincorporación do rexedor municipal e agradécelle a súa vontade colaboradora. Elena Candia non dubida, ademais, en que supón un fortalecemento do Partido no municipio e neste Partido Xudicial. “Quero destacar a disposición de Manolo. Coa súa incorporación non gaña só o PP, gaña Chantada”, remarcou.

Precisamente, a incorporación de Manuel Varela foi dada a coñecer aos afiliados polo presidente local, Javier Medela, nunha reunión celebrada esta mesma tarde. A este respecto, o popular salienta que “damos un paso importante para seguir traballando unanimemente e acadar un bo resultado tanto nas xerais como nas municipais”.

1 COMENTARIO

  1. Chantada nunca estivo pior atendida. Si o alcalde independente volta ao PP é que dá por boa a marxinación á que foi sometida pola Xunta do PP. Mala nova pra Chantada porque volve o mesmo que ergueu a mao pra que Fenosa non pagara o canón eléctrico, o vendido a Cacharro Pardo, o da corrida de touros, o que volveu por un nome franquista nunha rúa (primeiro caso en España relatado ata por Manuel Rivas nun libro). Non ten vergoña e aínda máis cando xuraba nas anteriores eleccións que era a derradeira vez que se presentaba. Temos o que merecemos (menos pediatra, emprego, nenos, prazas de asilo, pxou, axudas sociais, normalización lingüística, etc, etc, etc).

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here