O PP de mítines na zona sur

Monforte e O Saviñao pecharon este venres con cadanseu mitin do PP, nos que participaron o presidente dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, a presidenta provincial, Elena Candia e os respectivos candidatos, Miguel Lemos e Carlos Armesto.

Mitin Monforte / PP Provincial

Nos mítines de Monforte e O Saviñao, Elena Candia, manifestou que “o voto útil” é o do Partido Popular, e acusa ao PSOE de aplicar unha política “raquítica”, en casos como a A-56 ou a electrificación da liña Monforte-Lugo, cuxo investimento, segundo Candia, “cae nas contas socialistas un 27%, ao pasar dos 113 millóns de euros do PP a 83 millóns con Pedro Sánchez.”

Candia fixo un chamamento á reflexión, “facer unha análise do retroceso que sofre esta zona da provincia cun presidente socialista e uns alcaldes, como o de Monforte ou Ribas de Sil que, malia seren amigos do Partido que goberna en Madrid, permanecen calados e nada reclaman, senón que son cómplices da desfeita sanchista”.

Elena Candia asegurou que en Monforte, o alcalde, o socialista, José Tomé, se apropia de actuacións doutras administracións e sinalaba que a Xunta leva investido en Monforte e O Saviñao no 2018, 9 millóns de euros.

Pola súa banda, Carlos Armesto, aseguraba que co PSOE na Deputación se castigou aos concellos gobernados polo PP. Lembrou a recente licitación do ambulatorio por parte da administración autonómica. No caso de Monforte, Miguel Lemos apostou por “seguir sumando para atraer novos investimentos como o anunciado recentemente polo conselleiro de Sanidade para a mellora do hospital comarcal; cunha actuación de15 millóns de euros.” Falou, tamén da intención do  PP de conectar a N-120 co solo industrial de Monforte.

Mitin O Saviñao / PP Provincial

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here