InicioPolíticaTomé asegura, na presentación da candidatura, que se sinte arroupado por todos...

Tomé asegura, na presentación da candidatura, que se sinte arroupado por todos os monfortinos

O Alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, presentou este sábado a candidatura para as próximas eleccións municipais, nun acto no que estivo acompañado do Secretario Xeral do PSOE na Provincia, Álvaro Santos, e do Secretario Xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero.

Publicado o

- Advertisement -

Santos Ramos asegurou que o único favor que había que agradecerlle ao PP, que o día anterior presentara ao seu candidado en Monforte, era non gobernar, e reclámanlle que cumpra as débedas históricas que ten cos monfortinos. Lembrou que co PSOE na Deputación se achegaran 3,7 millóns aos veciños de Monforte. 1,7 para investimentos e obras moi necesarias no municipio. Remataba asegurando que en Monforte, “presente e o futuro son dos socialistas e dos veciños”.

Tomé Roca agradeceu aos compañeiros de candidatura “o esforzo” destes anos no goberno e asegourou que despois destes 4 anos “a Monforte non o coñece ninguén, porque está mellor en todos os sentidos”

O alcalde de Monforte destacou o esforzo do seu goberno polos servizos sociais, cun incremento de  400.000 euros cada ano. Afimaba que “Non quedou nin unha persoa maior sen unha axuda por parte do Goberno Municipal.” Tamén se referiu ao apoio dado ao comercio e turismo, a este último, coa edición dunha guía do municipio e recuperando as festas.

José Tomé tamén fixo mención ao rural e o emprego, “Melloramos as comunicacións do Concello arranxando máis de 80 rúas no casco urbano e máis de 200 pistas nas parroquias do rural. Tamén melloramos o alumeado público de máis de 50 rúas, instalando unhas 300 luminarias. . En materia de emprego, o Concello contrata todo o que legalmente é posible a empresas monfortinas para que poidan manter os postos de traballo. Temos 7 millóns de remanentes porque somos os socialistas os que xestionamos ben”.

O Alcalde de Monforte de Lemos subliñou que a candidatura socialista é unha “candidatura forte e consolidada, coa que gañaremos as eleccións”. Os socialistas monfortinos presentan a seguinte lista: José Tomé Roca, Gloria María Prada Rodríguez, Ibán Torres Rodríguez, María del Pilar Espinosa Novelle, José Luis Losada Fernández, Marina María Doutón Rajo, José Manuel Mougán Sobredo, Regina López Arias, Guillermo Díaz Aira, Margarita López Rodríguez, Miguel Tomé López, Sonia López Montero, José Antonio Rodríguez Rodríguez, Carlota Tomás López, José Ramón Piñeiro Rodríguez, Sara Mougán Martínez, Manuel Francisco Bande Neira.

Presentación candidatura PSOE / PSOE de Monforte

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...