O PSOE do Saviñao reivindica as inversións socialistas no concello

O voceiro socialista, Celestino Rodríguez, pregúntase se é un “castigo” unha achega de 2 millons de euros.

PSOE O Saviñao / PSOE Provincial

O candidato do PP no Saviñao, Carlos Armesto, aseguraba na presentación da candidatura, o pasado 22 de marzo, que a Deputación co goberno do PSOE castigara ao concello do Saviñao. Pola súa banda, o candidato socialista, Celestino Rodríguez destaca que o PSOE no Goberno da Deputación destinou 2 millóns de euros ao Saviñao, achegas que permitiron, segundo di, o arranxo de estradas provinciais, mellorar accesos e alumeados no rural, atender a uns 70 maiores co SAF Básico e para non dependentes, crear máis de 20 postos de traballo no Concello ou acondicionar estradas municipais a través do Plan único, entre outras iniciativas.

Segundo Celestino Rodríguez fíxose unha achega de 2 millóns de euros “aos veciños do Saviñao para mellorar infraestruturas, atender aos maiores, xerar novos empregos ou impulsar o turismo, a cultura e o deporte a través da celebración de diferentes iniciativas. Iso é o castigo ao que se refire o señor Armesto?,” pregúntase Rodríguez tras afirmar o candidato do PP á alcaldía que o Saviñao fora fortemente castigado pola Deputación no reparto de axudas.

O voceiro socialista destacou que “o señor Armesto está mentindo descaradamente aos veciños do Saviñao ou non é coñecedor do traballo que está realizando o Executivo do PSOE na Deputación e no seu concello”.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here