InicioPolíticaEsperta Monforte camiña cara as municipais con aspiracións provinciais

Esperta Monforte camiña cara as municipais con aspiracións provinciais

Esperta Monforte vén de celebrar Asemblea Aberta  para dar a coñecer parte da candidatura e do seu programa.

Publicado o

- Advertisement -

A listaxe de parte das persoas que integrarán a lista para concorrer ás eleccións municipais e que foron presentados no transcurro da Asamblea Aberta, son:

  • Jaime Germán Vázquez
  • Graciela Taboada Mariño
  • María Teresa Rodríguez
  • Andrés Gómez Chao
  • Alberto Álvarez
  • Laura Isabel Quiroga
  • Óscar González Figueras
  • Amparo Aida Soto
  • Serafín Carlos López
  • Manolo López
  • Robert Rodríguez
  • Manuel Casanova

A lista aínda non está pechada, esperan poder completala o 2 de abril, nunha nova reunión.

Tamén na vindeira semana, Esperta Monforte decidirá se concorre nunha plataforma común dos partidos municipalistas da contorna para entre todos sumar votos para a Deputación Provincial. En todo caso Maribel García, candidata de Esperta Monforte, insiste en que “o partido está para traballar por e para Monforte, definíndose como un partido, municipalista, independente e autónomo.”

Na Asemblea celebrada este venres tamén se presentaba o estado de contas do partido. Destacan que nas pasadas eleccións contaron cun presuposto de 1.600 euros cos que tiveron que facer campaña, un presuposto que cualifican de moi limitado e lembran que aínda así conseguiron representación municipal.

Asemblea Esperta Monforte / Esperta Monforte

ÚLTIMAS

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...