InicioPolíticaCiudadanos reivindica recuperar o protagonismo ferroviario de Monforte

Ciudadanos reivindica recuperar o protagonismo ferroviario de Monforte

O candidato ao Congreso dos Deputados de Ciudadanos pola provincia de Lugo, José Manuel Blanco, visita o Museo do Ferrocarril e asegura que hai unha débeda histórica con Monforte.

Publicado o

- Advertisement -

José Manuel Blanco asegura que o ferrocarril debe ser útil para Monforte, e “servir para devolver a esta cidade o esplendor que tivo noutra época”. Segundo o candidado de Ciudadanos, os monfortinos non viron máis que promesas incumpridas co ferrocarril “Prometeron o corredor atlántico do que aínda non se fixo nada, un porto seco cheo das cargas dos portos de Vigo e A Coruña que está baleiro e un tren de calidade que non chega. Non se aproveita a enorme potencialidade que ten Monforte, si o porto seco estivese nas condicións óptimas poderíanse crear moitos postos de traballo”, opinou.

José Manuel Banco asegura que se sae elexido se compromete a saldar a débeda con Monforte “Monforte era o punto de chegada do ferrocarril mais importante de Galicia e agora olvidáronse dela, a chegada do Ave a Lugo cada vez alonxáse mais, e non temos confianza en si finalmente o corredor atlántico pasará pola cidade”.

Blanco tamén aproveitou seu paso por Monforte para visitar aos afiliados de Monforte e de Sarria e para reunirse co colectivo Amarcan.

 

ÚLTIMAS

210.000€ para a mellora de tres estradas provinciais en Chantada e no Saviñao

No caso de Chantada, a Xunta de Goberno acordou licitar a mellor de dúas...

Fin de semana de Fam Trip na Ruta do Viño da Ribeira Sacra

A Ruta do Viño da Ribeira Sacra celebra do 24 ao 26 de maio...

O alcalde de Bóveda na creacion da Comisión de Políticas de Auga, Medio Ambiente e Economía Circular

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, participou recentemente en Madrid na reunión da...

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...