InicioPolíticaPor Chantada-CUP acusa ao Alcalde dunha mala xestión económica

Por Chantada-CUP acusa ao Alcalde dunha mala xestión económica

O pasado día 11 de abril tivo lugar unha sesión extraordinaria do Pleno para aprobar preto dun millón de euros para suplementos de crédito e recoñecemento extraxudicial de débedas.

Publicado o

- Advertisement -

Por Chantada-CUP bota en cara ao Goberno municipal que o Concello de Chantada, por mor das débedas amoreadas, seguirá durante o 2019 no Plano de axuste, situación que limita a xestión de recursos en favor dos intereses dos veciños/as.

Non lles parece de recibo que o alcalde ande prometendo o remate da autovía de Lugo a Ourense cando “non dá arranxado nin unha carrilleira” e engaden que “o Alcalde de Chantada deixou sempre a súa vila nun segundo plano fronte aos intereses partidarios, lembremos como votaba en Lugo contra o canon de Chantada”.

No Pleno deuse conta da Liquidación do Orzamento de 2018 quedando nos investimentos reais 329.284,26 euros sen executar malia que o estado de moitas infraestruturas “é calamitoso” segundo Por Chantada-CUP.

Así mesmo reprochan o incumprimento da estabilidade orzamentaria en 489.413.09 euros, malia gastar 1.539.568.09€ en amortización de débeda en 2018, e tamén o obxectivo da regra do gasto en 1.752.330,38 euros.

O total de facturas sen pagar do ano 2018 supera as 600, impagos que ascenden a 541.802,34 euros. A oposición criticou a xestión para que se dea esta situación alegando, entre outras cousas, abusos da contratación menor, alugueiros sen contrato, que moitas facturas teñen reparos de Intervención, case un cento delas, co cal pode entenderse que “presuntamente” o Concello non está cumprindo coas esixencias da Lei de Contratación Pública. O Goberno Local resta importancia a este apartado, di que a xestión de pagos mellorouse, que xa non hai queixas por morosidade como antes e que agora coa obriga de meter por FACE a maioría de facturas algunhas quedan sen meter correctamente e por iso se producen demoras nos pagamentos.

Como consecuencia do anterior non queda outra que ir a un Plano económico-financeiro e seguir no Plano de axuste, situación que os opositores rexeitan rotundamente pero que o Goberno Local entende como lóxica e que mellor así que ter facturas pendentes de pago nos caixóns para deixar aos que veñan detrás.

Para dar saída ás débedas do ano anterior no Pleno aprobouse un Suplemento de crédito 2/2019 e un Recoñecemento Extraxudicial de crédito 6/2019 por importe de 541.802,34 euros para pagar as facturas comentadas.

ÚLTIMAS

Sesión informativa sobre cambios normativos que lle afectan ás persoas con dano cerebral

A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) vén de editar unha 'Guía legal' que recolle os principais...

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...