InicioPolíticaFacer de Chantada, Carballedo e Taboada un único ente municipal?

Facer de Chantada, Carballedo e Taboada un único ente municipal?

Por Chantada CUP presenta “Unha alternativa integral por Chantada”, o seu programa para as eleccións municipais, que vén de ser aprobado en asemblea. O programa é resultado dun proceso participativo de máis dun cento de militantes e simpatizantes, “cun volume de achegas e participación sen precedentes na política local”, sinalan.

Publicado o

- Advertisement -

Do programa, Por Chantada, destaca como principais medidas as seguintes:

  • Promover a fusión dos concellos de Chantada, Carballedo e Taboada cun referendo para a converxencia dos tres concellos nun único ente municipal. Segundo Por Chantada, o novo concello por poboación e incentivos fiscais derivados da fusión, tería maior capacidade económica para a mellora de servizos e o mantemento de infraestruturas.
  • Peonalización integral do casco histórico 
  • Rebaixa do IBI através de bonificacións de até 90%, declarando o sector primario de importancia estratéxica
  • Impulsar o Polígono dos Acrivros centrándose na transformación de produtos da alimentación.
  • Demandar o saneamento e ampliación da N-540
  • Estabelecer unha taxa municipal nas instalacións de transporte de enerxía e outras medidas fiscais para financiar un Plano de emerxencia social. Asinar o convenio da FEGAMP para garantir a luz e o gas nos fogares en risco de exclusión.
  • Creación dun viveiro de empresas para a mocidade residente no Concello.
  • Determinar a propiedade do SAREB na Praza de Santa Ana.
  • Creación dunha Concellaría de Igualdade, non compartida, e unha Comisión de Igualdade participada pola concelleira, persoal do CIM, persoal de Servizos Sociais, as restantes concellerías e persoal ao servizo do Concello para a elaboración do Plan estrutural de funcionamento orgánico do Concello de acordo coa perspectiva de xénero.
  • Dinamizar a Praza de Abastos, creando un mercado de produtos locais e ecolóxicos.
  • Exixir a execución dunha nova depuradora
  • Elaboración dunha Estratexia local para o patrimonio e o turismo 2020-2030, con atención á dinamización do turismo cultural, de natureza e o enoturismo en colaboración cos axentes públicos e privados
  • Creación dunha nova Biblioteca e Arquivo municipais nun lugar axeitado e accesíbel.

ÚLTIMAS

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....

Sesión informativa sobre cambios normativos que lle afectan ás persoas con dano cerebral

A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) vén de editar unha 'Guía legal' que recolle os principais...

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...