Un concello que non atende as incidencias diarias?

C@urel Vivo denuncia deixadez do concello de Folgoso do Courel para atender as incidencias diarias.

Piñeiro caído no concello de Folgoso / C@urel Vivo

Na noite deste martes, 16 de abril, caeu un piñeiro na estrada de Vilamor a Froxán, no Concello de Folgoso do Courel. Desde C@urel Vivo denuncian que despois de comunicar a situación ao concello ás 10.00 da mañá do día 17, ás 13.46 chamouse ao 112 porque a árbore seguía sen retirarse da estrada, pero o 112 comunica que non tiña recibido ningún aviso.

Desde C@urel Vivo aseguran que a árbore dificultaba o tráfico e supoñía un perigo para a circulación ao non permitir o paso a vehículos pesados.

A estrada da incidencia pertence á Deputación, pero a formación política pregúntanse porque o concello, sendo coñecedor do problema, non avisou do perigo. Consideran que a atención das incidencias diarias debería de ser unha tarefa do concello e denuncian a súa deixadez neste asunto, non solucionando o problema nin dando aviso da situación.

 

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here