InicioPolíticaPresentación pública da candidatura do PSdeG-PSOE de Chantada

Presentación pública da candidatura do PSdeG-PSOE de Chantada

Os socialistas chantadinos presentaron na mañá deste domingo, 21 de abril, ao equipo de mulleres e homes co que esperan liderar o goberno municipal a partires das eleccións locais do vindeiro 26 de maio.

Publicado o

- Advertisement -

Encabeza novamente a candidatura, Raquel López, que nos comicios do 2015 levou ó PSdeG-PSOE de cuarta forza a líderes da oposición. A candidata á alcaldía referíase así ao seu equipo, “Formamos un equipo para gobernar, perfís de indudable valía para tomar o mando da administración, quitar as telarañas da Casa do Concello e dar respostas ós problemas da cidadadanía”. López asegurou que a candidatura tiña moi boa acollida e que contaban coa confianza da cidadanía, “Como proba a gran participación acadada para a elaboración do programa electoral, que presentaremos despois das eleccións xerais”.

Segundo os socialistas de Chandada, son a alternativa ao “esgotamento da dereita, para iso preparamos un programa electoral realista para dar resposta ós problemas de todos, mentres na dereita das siglas cambiantes estaban centrados nos seus propios xogos de tronos e de intereses persoais para formar a súa lista”.

Sobre os nomes anunciados polo Partido Popular, a candidata do PSOE afirma que  “é como un plato recociñado mil veces: as mesmas caras, o mesmo esgotamento, a mesma inacción de sempre. Manuel Varela, que pretende fuxir a un retiro dourado, non foi quen de implicar a ningunha nova cara que queira participar dese desproxecto e tivo que recorrer ó de sempre, con tal de formar unha lista e poder marxinar ós populares que permaneceron leais ás siglas”. Raquel López fixo un chamamento á participación nas eleccións xerais, como “antesala a un cambio en Chantada”

A candidatura municipal que presenta o PSdeG-PSOE de Chantada e que foi aprobada en asemblea o pasado 15 de abril, intégrana:

1 RAQUEL LÓPEZ RODRÍGUEZ PROFESORA DE ENSINO SECUNDARIO
2 JOSÉ LUIS VÁZQUEZ HERMIDA ADMINISTRATIVO
3 MARÍA VARELA RODRÍGUEZ LICENCIADA EN ADE
4 DANIEL GÓMEZ FERNÁNDEZ-CAMIÑAS ENXEÑEIRO DE CAMIÑOS
5 MARÍA ARGIZ LEDO PROFESORA DE ENSINO SECUNDARIO
6 XOSÉ MANUEL SOENGAS LEDO PREXUBILADO
7 ZAIDA GONZÁLEZ VÁZQUEZ DIPLOMADA EN EDUCACION INFANTIL
8 HÉCTOR DIÉGUEZ GARCÍA OPERARIO DE FÁBRICA
9 MARÍA MERINO MARTÍNEZ XEROCULTORA
10 SERGIO ESTÉVEZ ÁLVAREZ GANDEIRO
11 ELENA PAVÓN RAMÍREZ ENFERMEIRA
12 CRISTIAN VARELA CASAS CABO DE BOMBEIROS
13

 

JOSÉ ANTONIO NEIRA VÁZQUEZ

 

HOSTELEIRO

 

S1 LUIS DEUS GAMALLO XUBILADO
S2 MARÍA ESTHER SEIJAS VILELA AMA DE CASA
S3 MARIA LUZ FERNÁNDEZ LÓPEZ XUBILADA
S4 MARÍA JESÚS RODRÍGUEZ LÓPEZ MESTRA
S5 HÉCTOR LEDO RODRÍGUEZ GANDEIRO

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...