InicioPolíticaCoalición tripartita ou goberna o PSOE

Coalición tripartita ou goberna o PSOE

Gonzalo Caballero afirma en Monforte que cara as xerais só hai dúas opcións: un goberno tripartito da dereita coa ultradereita ou un goberno socialista.

Publicado o

- Advertisement -

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero; o portavoz socialista no senado, Ander Gil e o alcalde de Monforte, o socialista José Tomé, repartiron este luns, día 22, propaganda electoral no municipio de Monforte.

Durante a visita, as declaración aos medios centráronse no debate desta noite. Ander Gil auguraba un debate de catro intervintes, no que “tres candidatos se disputarán ver quen é o líder da oposición, e un presidente, Pedro Sánchez”. Como presidente, aseguraba que “Pedro Sánchez plantexará propostas aos problemas do día a día dos cidadáns”.

Para Gonzalo Caballero,  o debate importante é “se en España goberna o PSOE ou a coalición tripartita da dereita ou ultradereita”. Segundo Caballero os dous proxectos están moi definidos, e son: “o proxecto da maioría social do avance liderado polo PSOE e Pedro Sánchez, fronte a outras formulacións de retroceso, de abandono de avances e liberdades”. Gonzalo Caballero considera que unha maioría de cidadáns opina na mesma liña, ou un goberno tripartito da dereita coa ultradereita ou un goberno socialista presidido por Pedro Sánchez.

ÚLTIMAS

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...

Unha nova vida para Donelle, a aldea de Sober mercada pola cooperativa Ecooo

A Donelle, unha aldea deshabitada do Concello de Sober dende hai varias décadas, preséntaselle...