InicioCulturaO Castro de San Lourenzo, parada obrigatoria para a expedición nipona do...

O Castro de San Lourenzo, parada obrigatoria para a expedición nipona do Camiño de Inverno

A expedición xaponesa que a semana pasada comezou a visita ó Camiño de Inverno, chegou esta semana ó sur lucense

Publicado o

- Advertisement -

Como xa comentamos no XdL, unha expedición de xaponeses ía percorrer o Camiño de Inverno con motivo do 150 Aniversario do Establecemento de Relacións Diplomáticas entre España e Xapón.

Esta semana chegaron ata a Pobra do Brollón onde, entre outras cousas, visitaron o Castro de San Lorenzo da man dos arqueólogos Xosé Gago e Xurxo Ayán que están a traballar nel dende hai dous anos. Na súa visita ós restos coñeceron a realidade do castro, e sobre todo, centraron o seu interese nas ruínas da primitiva Igrexa de Cereixa e a necrópole onde apareceron os restos humanos do xa coñecido Atilano.

Visita ó Castro de San Lorenzo/X.G.

Na súa visita ó Concello, tamén visitaron as bodegas de Vilachá ó mesmo tempo que cataron algúns dos seus viños e visitaron o Miradoiro da Capela. Casualmente, a súa visita coincide coas festas do Corpus Cristi onde puideron vivir de primeira man unha celebración típica galega e mergullarse no seu ambiente. Englobado no seu paso polo Concello xunto co alcalde, José Luis Maceda e a concelleira de eventos, Mónica Rodríguez, plantaron unha cerdeira típica xaponesa no parque fluvial.

visita a monforte

Tras abandonar o Concello da Pobra de Brollón, a expedición dirixiuse cara a Monforte onde foron recibidos polo Alcalde. No parque de Rioseco plantaron 3 cerdeiras xaponesas ó mesmo tempo que descubriron unha placa conmemorativa.  Posteriormente, e xunto con membros da corporación municipal, foron camiñando ata o Concello onde se lles entregou un libro de “Boas Noites Monforte” ademais de unha réplica da Torre do Homenaxe.

O alcalde, José Tomé Roca, pediulles que, “exerceran de embaixadores do Camiño de Inverno e de todos os pobos polos que pasa o Camiño” á par que os convidou a que volveran a Monforte e á Ribeira Sacar con máis tempo para poder gozar con maior intensidade da riqueza da zona.

Xaponeses prantando as cerdeiras no parque de Rioseco/Concello de Monforte

Finalmente, a expedición xaponesa manifestou que lles resultara tremendamente interesante coñecer a experiencia e a súa decidida aposta pola xestión turística, especialmente do Camiño de Inverno.

 

ÚLTIMAS

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...

Axudas para a reestruturación e reconversión das viñas

No DOGA do 26 de marzo publicouse a Orde da Consellería do Medio Rural...

6 empresas locais constrúen novas naves no Polígono dos Acivros, en Chantada

O alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, vén de visitar o Polígono dos Acivros...

A Deputación urxe á Xunta a acometer o desdobramento da totalidade do corredor Nadela-Monforte

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, evidenciou a necesidade de completar...