Monforte, escenario da xira Son Galego, Son Cubano

O proxecto está liderado por Roi Casal e traerá a súa obra a Monforte durante a celebración do Festival de Habaneras que vincula Galicia con Cuba dende hai 19 edicións

Presentación de Son Galego, Son Cubano/Deputación de Lugo

O proxecto Son Galego, Son Cubanonaceu no 2014 por encargo do Institulo Cubano da Música (ICM) a Roi Casal logo de que recibise o Premio Internacional Cubadisco na illa caribeña. Entre os colaboradores desta iniciativa destacan Neira Vilas (figura emblemática das letras galegas), Pablo Milanés (icona da nova trova cubana), Laritza Bacallao (unha das voces femeninas máis destacadas) ou Nando Casal (membro fundador da prestixiosa banda galega Milladoiro). A obra, presentada no 2016 no Gran Teatro da Habana, chega ó fin a Galicia.

Darío Campos, presidente da Deputación de Lugo xunto cos alcaldes de Monforte, Láncara, Guitiriz e Concelleiro de Cultura de Ribadeo, José Farruco, presentaron o xoves 22 de xuño no CENTRAD, “Son Galego, Son Cubano”. O proxecto, ó cal o organismo provincial achega 20.000 euros, corresponde ó 40% do presuposto, e o 60% restante, é asumido polos concellos.

O Alcalde de Monforte enmarca este concerto “na programación cultural, nas festas patronais; no caso de Monforte levamos 19 anos co Festival de Habaneras e xusto se vai facer o día seguinte da actuación”. Deste xeito, o 31 de agosto facendo coincidir co Festival de Habaneras, Son Galego, Son Cubano, chegará a Monforte para deleite dos presentes.

 

 

2 COMENTARIOS

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here