IniciosociedadeO IES A Pinguela de Monforte viaxa a Italia

O IES A Pinguela de Monforte viaxa a Italia

25 alumnos de 1º de Bacharelato do IES A Pinguela veñen de rematar a súa viaxe de intercambio co IIS Biagio Pascal de Romentino- Novara (Italia)

Publicado o

- Advertisement -

Durante a semana do 6 ó 13 de febreiro, os alumnos do IES A Pinguela, coñeceron Turín
para visitar o seu Museo Exipcio, o segundo máis importante do mundo despois
do do Cairo, e o Museo do Cine, na Mole Antoneliana, á que subiron para
admirar a cidade, os Alpes e a fermosa e inmensa planicie padana; Milán,
capital económica do país, onde se asombraron co seu impoñente duomo gótico,
o Val de Aosta, a rexión que, entre montañas alpinas fai fronteira con Francia polo Mont Blanc.

A viaxe serviu para que os rapaces se coñeceran mellor, vivir outras experiencias, paisaxes e culturas. Os alumnos italianos devolverán a visita, achegándose a Monforte en abril. Desde a cidade del Cabe partirán para coñecer a Ribeira Sacra, as rías galegas e as principais cidades de Galicia.

IES A Pinguela Italia

ÚLTIMAS

Xornadas Pacegas sobre as Revoltas Irmandiñas, o 6 e 7 de maio no Museo Pazo de Tor

O Museo Pazo de Tor acollerá os vindeiros 6 e 7 de maio a...

Prohibidas desde este luns as queimas agrícolas e forestais de particulares ata novo aviso

A partir deste luns, 15 de abril, quedarán prohibidas as queimas de restos agrícolas...

2 meses para as obras de mellora da contorna da Pinguela que se veñen de adxudicar

Este proxecto suporá a mellora do entorno que rodea as instalacións deportivas e os...

A Festa da Carne ao Caldeiro de Carballedo reparte 1.500 quilos de carne

A asociación de veciños O Bubaíño de Castro organiza esta cita na que se...