Aumenta a 77 o número de afectados por COVID en Monforte

Así o informou este martes a Consellería de Sanidade, que indicou que tras outras 88 PCR realizadas, detectáronse cinco positivos máis que este luns en relación ao brote en Monforte.

Monforte reforza a presencia de efectivos da Policía Local na cidade, mediante o servizo de dobre patrulla, de cara a garantir o cumprimento das medidas de seguridade establecidas polas autoridades sanitarias ante o Coronavirus.

O brote de coronavirus COVID-19 detectado nun edificio da cidade do Cabe, na rúa Duquesa de Alba, ascende a 77 casos activos, cinco máis que este luns cando había 72 positivos detectados.

Así o informou  este martes a Consellería de Sanidade, que indicou que tras outras 88 PCR realizadas, detectáronse cinco positivos máis que este luns en relación ao brote en Monforte.

O número de afectados por un brote de COVID-19 vinculado cun local de copas da cidade de Lugo aumentou a 23, despois de confirmarse oito novos positivos.

Na provincia de Lugo tamén se mantén activo un brote que afecta á residencia de maiores do Incio, con 64 contagios –56 usuarios e oito traballadores–.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here