InicioComarca de ChantadaChantadaLocalizado o octoxenario desaparecido en Chantada

Localizado o octoxenario desaparecido en Chantada

Publicado o

- Advertisement -

Segundo informou o 112, un home de oitenta anos foi localizado na mañá do martes 17 de xullo en Santa Eugenia de Asma con signos de hipotermia , moi preto do seu domicilio, logo de que efectivos da Garda Civil e voluntarios de Protección Civil de Chantada o estiveran buscando durante toda a noite. O octoxenario, que tiña como costume saír a pasear, foi localizado con síntomas de hipotermia polo que foi requerida a presenza de profesionais do 061 para o seu posterior traslado ó centro hospitario.

As primeras informacións sobre a súa desaparición chegaron ó servizo de emerxencias de Galicia a través dos axentes das forzas da orde preto da medianoite do luns.

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...