InicioMedio ambiente e PatrimonioAgosto comeza facendo suar ó sur lucense

Agosto comeza facendo suar ó sur lucense

Segundo os expertos, o cambio climático está detrás de fenómenos meteorolóxicos extremos como o que se está a vivir actualmente en moitos concellos de Terras de Lemos. Dende Meteogalicia matizan que unha vaga de calor declárase cando as temperaturas máximas superan os 35ºC e as mínimas, os 20ºC.

Publicado o

- Advertisement -

Dende o mércores 1 de agosto ata o vindeiro domingo 5 de agosto, as localidades de Monforte, A Pobra do Brollón, Quiroga, Ribas de Sil, Sober, Pantón, O Saviñao, Bóveda, Chantada, Taboada e Carballedo estarán baixo a influencia dun episodio de altas temperaturas coñecido como vaga de calor.

Mapa de alerta laranxa por calor no sur lucense/AXEGA112

Non existe unha definición única para explicar o que é unha vaga de calor. Sábese que son episodios de temperaturas anormalmente altas, que se manteñen no tempo e que afectan a unha parte importante da xeografía. Ás veces úsase a súa definición de xeito erróneo pois na época estival é usual que se rexistren temperaturas altas. Por todo isto, dende AEMET consideran que unha vaga de calor é un episodio de mínimo tres días consecutivos, no que como mínimo o 10% das estacións metereolóxicas consideradas rexistran máximas por riba do porcentual do 95% da súa serie de temperaturas máximas diarias dos meses de xullo e agosto do período 1971-2000. Dende Meteogalicia definen unha vaga de calor cando as temperaturas máximas superan os 35ºC e as mínimas, os 20ºC.

Para poder definir un episodio de altas temperaturas como vaga de calor, dende a Axencia Estatal de Meteoroloxía consideran que a súa duración, o número de provincias afectadas, a temperatura máxima da vaga e a anomalía do episodio, son os 4 factores que caracterizan a este fenómeno atmosférico.

Dende AEMET destacan que a vaga de calor máis importante rexistrada nos últimos tempos durou 26 días, concretamente entre o 27 de xuño e o 22 de xullo do 2015 onde se rexistraron temperaturas máximas de 37.6ºC. Durante este período soamente houbo 2 días nos que os termómetros deron un pequeno respiro aínda que foron practicamente inapreciables e non foron suficientes para irromper a vaga.

causas das vagas de calor

Segundo os expertos, as vagas de calor cada vez son máis frecuentes. Actualmente, estase producindo unha cada 5 anos mentres que fai medio século, producíase unha cada 20.

Entre os factores que provocan ditas anomalías, os expertos apuntan cara o cambio climático. O perigo do aumento de temperatura, o desxeo que está a sufrir o Ártico e o avance do cambio climático son os principais factores.

como actuar ante unha vaga de calor?

Os sectores de poboación máis sensibles ante as altas temperaturas son os cativos e as persoas maiores.

Igualmente, cómpre ter en conta unha serie de recomendacións para toda a poboación con son,

  • evitar as bebidas con cafeína xa que provocan o aumento da frecuencia cardíaca.
  • aproveitar a sombra se se sae á rúa e evita as horas centrais do día, entre as 12:00 e 18:00 así como a exposición ó sol.
  • usar roupa lixeira, gafas de sol, sombreiro e crema de protección solar.
  • non inxerir comidas copiosas.
  • reducir a actividade física.
  • pechar fiestras e baixar persianas durante o día. Pola noite, cando descenden as temperaturas pódese abrir e ventilar.
  • comprobar que os alimentos que se van inxerir cumpran as medidas de conservación necesarias.

En moitos casos, é imposible seguir as recomendacións dos expertos e algunhas persoas sofren os coñecidos como golpes de calor.

que é un golpe de calor?

Considérase como golpe de calor cando a temperatura corporal supera os 40ºC. Neste caso, a temperatura interna elévase ó punto de superar os mecanismos que regulan a temperatura do corpo. Ante cadros coma este, o corpo comeza a suar como medida de defensa, pero cando a temperatura corporal e esaxeradamente alta, a sudoración flúe máis lenta provocando co organismo non se refresque de modo veloz.

Os síntomas dun golpe de calor xeralmente son a dor intensa de cabeza, mareos, en casos extremos perda de conciencia, excasa excreción de ouriña, pel reseca, o corazón acelérase, debilidade en todo o corpo e ausencia de suor corporal.

Xeralmente afecta a xente que realiza actividades físicas de gran esforzo e intensidade, os anciáns e ós enfermos.

Se ó noso carón temos a alguén que puidera sufrir un cadro destas características, as recomendacións de actuación son:

  • colocar ó doente á sombra.
  • quitarlle a roupa para refrescalo.
  • se está consciente, colocarlle a cabeza lixeiramente elevada e ofrecerlle abundante auga fresca.
  • refrescalo con auga e xeo, sobre todo na cara e nas axilas pero non introducirlle o corpo enteiro en auga fría.
  • se está inconsciente, coloque o afectado tumbado dun lado cas pernas flexionadas e non darlle de beber baixo ningún concepto.

 

 

ÚLTIMAS

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...