InicioPolíticaUnanimidade histórica na Deputación de Lugo para distribuír fondos a concellos

Unanimidade histórica na Deputación de Lugo para distribuír fondos a concellos

Publicado o

- Advertisement -

O PSdeG consegue aprobar o Plan Úncio 2018 co apoio de PPdeG e BNG. Darío Campos reivindica a “política con maiúsculas” e asegura que están no organismo provincial para “mellorar a calidade de vida” dos lucenses.

Unamidade histórica no pleno da Deputación de Lugo. Facía tempo que os tres grupos non votaban xuntos un punto tan importante para a provincia como o Plan Único, neste caso, do 2018. Un plano que supón a distribución de 80 millóns de euros entre 67 concellos. Por iso, o presidente da institución, Darío Campos, salientaba este acordo histórico. “Para poder facer parte do Plan Único hai cando menos que votalo a favor, pois o PP nunca o apoiou, ao igual que o orzamento da Deputación. Alégrome que por primeira vez haxa unanimidade e que todos aseguren que o Plan Único vén para quedarse nesta institución”, dixo.

Darío Campos, presidente da Deputación de Lugo nun pleno da institución | Fonte: deputaciondelugo.org

E que implica este acordo para a provincia de Lugo?. O plan achega aos 67 Concellos da provincia 21 millóns de euros, distribuíndo estes fondos en base á superficie, poboación, núcleos poboacionais e taxa de envellecemento de cada un dos municipios lucenses. Isto supón axudas de 500.000 euros nos maiores Concellos, como Lugo, Viveiro, Monforte de Lemos, Vilalba ou Sarria, e duns 200.000 euros nos máis pequenos, como Negueira de Muñiz, Rábade ou Triacastela.

Estes fondos son para obras de mellora, emprego, benestar, turismo, deporte e cultura. Os Concellos deberán achegar un mínimo do 50% dos fondos que reciben a novos investimentos, o que supón cando menos 10,5 millóns, así como outros mínimo dun total de 1,8 millóns de euros para manter o Servizo a Domicilio a non dependentes, que hoxe a Deputación presta a 1.800 maiores que non atende a Xunta.

Os municipios teñen total autonomía para decidir os fondos que destinan a emprego e ata un 30% dos mesmos para turismo, cultura e deportes. Tamén hai unha liña dun total de 176.000 euros para financiar os 44 Grupos de Protección Civil nos Concellos, pois a Xunta recortou os seus fondos poñendo en risco o mantemento dos mesmos.

“Política para a xente”

Un acordo unánime que lle serviu ao presidente provincial para destacar a importancia da deputación e, sobre todo, da política para “mellorar a calidade de vida” dos veciños. “Cando cheguei dixen que ía facer política con maiúsculas, como sempre fixen dende que ostento algún cargo público, entendendo como cal a capacidade que temos os representantes institucionais para responder ás necesidades dos novos veciños e mellorar polo tanto a súa calidade de vida. Creo que isto é o que estou facendo na Deputación”, apuntou.

Sobre o pacto entre todos os grupos, que supón que concellos de todas as cores políticas perciban por igual, o deputado de Cooperación cos Concellos, Argelio Fernández Queipo, que é o que levan facendo desde o 2016. “Unha distribución equitativa que brilla pola súa ausencia nas institucións nas que goberna o Partido Popular. A única Deputación que non ten Plan Único é a de Ourense, gobernada polo Partido Popular”, espetou.

 

ÚLTIMAS

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...