InicioEconomíaPodemos reclama á Xunta e ao Concello de Chantada solucionar o conflito...

Podemos reclama á Xunta e ao Concello de Chantada solucionar o conflito no servizo de axuda no fogar

O secretario xeral de Podemos Galicia, Antón Gómez-Reino, declarou estar convencido de que "tanto a inseguridade das traballadoras do SAF como as súas demandas son unha prioridade para o Goberno de Chantada".

Publicado o

- Advertisement -

O deputado de Unidas Podemos e secretario xeral de Podemos Galicia, Antón Gómez Reino, instou á Xunta de Galicia e ao Concello de Chantada a implicarse na procura dunha solución ao conflito laboral denunciado polos traballadores do servizo de axuda ao fogar (SAF polas súas siglas en galego).

Así o demandou nunha carta remitida á conselleira de Política Social, Fabiola García, e ao alcalde desta localidade, Manuel Lorenzo, e da que informa Podemos Galicia nun comunicado.

Na súa calidade de presidente da Comisión de Traballo, Inclusión, Servizos Sociais e Migracións do Congreso, Gómez Reino trasládalles a ambas as autoridades a súa “profunda preocupación” pola “privatización” dun servizo municipal adxudicado a Samaín, do grupo Clece, que “incumpre a obrigación legal de subrogar ao persoal que prestaba o servizo baixo tutela pública”.

O parlamentario, que recentemente se reuniu en Chantada coas traballadoras afectadas, mostra na misiva a súa profunda “preocupación” polo despedimento de traballadoras en “circunstancias que poden supor unha vulneración dos seus dereitos laborais”.

“Aos presuntos incumprimentos das condicións do convenio por parte da empresa, temos que sumarlle un exceso nas rotacións do persoal que inflúe na temporalidade, parcialidade e precarización do traballo o que provoca en moitos casos a deterioración da saúde e a aparición de patoloxías derivadas das condicións laborais“, sinala.

“Cuestións que repercuten non só nas vidas das traballadoras, senón que tamén afectan á calidade da atención que reciben as persoas en situación de vulernabilidad cuxo benestar depende deste servizo“, engadiu.

“Estou convencido de que tanto a inseguridade das traballadoras do SAF como as súas constantes demandas son unha prioridade para o Goberno de Chantada, polo que confío en que actuará en consecuencia para dar resposta á situación actual das traballadoras despedidas e na mellora e dignificación das condicións laborais e a calidade do servizo“, finaliza o escrito.

ÚLTIMAS

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...