InicioPolíticaO BNG da Pobra do Brollón asegura que os desbroces das vías...

O BNG da Pobra do Brollón asegura que os desbroces das vías municipais están feitos

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O PP da Pobra do Brollón pedía esta semana ao Concello que ordenara o desbroce das estradas municipais e a limpeza do sendeiro que une a Capela do San Vitoiro coa Pena do Santo,

Os nacionalistas agradecen ao PP que se interese polos desbroces das vías municipais, que están feitos na súa maioría, e pregúntanse porque se “omite interesadamente as competencias da Xunta de Galicia nas estradas de titularidade autonómica, xa non só de desbroce senón do estado no que se atopan.”

No caso do sendeiro que une a Capela do San Vitoiro coa Pena do Santo, desde o BNG aseguran que dito sendeiro forma parte dunha Ruta (PRG) “Ruta pola Capela do San Vitoiro e a Mesa dos Catro Cabaleiros” pendente de homologación pola Federación Galega de Sendeirismo e convidan aos populares a facer dita ruta e “non a sacar notas de prensa que faltan á verdade e que poden danar a imaxe de dita Ruta e do Concello da Pobra do Brollón.”

ÚLTIMAS

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...

Campionato de España de Taekwondo, o 4 de maio no Pavillón da Pinguela de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo técnico de Deportes do Concello,...