“Última obra” de Xosé Randolfe no Círculo Saviñao

O pintor de Carballedo, Xosé Randolfe Vilariño, ven de inaugurar no Círculo Saviñao a mostra “Última Obra” cunha representación dos seus traballos máis recentes.

Inauguración exposición / Círculo Saviñao

A pintura de Randolfe Vilariño recolle unha combinación de tendencias e estilos, mesturando o expresionismo, co surrealismo ou a arte pop. Sempre interesado na figura da muller, adoita reivindicar o seu papel e amosa a súa preocupación por temas sociais, entre os que destaca a violencia de xénero. Outra constante fonte de inspiración para Randolfe Vilariño son as súas vivencias no medio rural.

A exposición poderase contemplar na sede do Círculo Saviñao ata o 20 de outubro en horario de mañá e de tarde.

Inauguración exposición / Círculo Saviñao

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here