InicioCulturaEste sábado comeza en Sober o ciclo Música no Outono

Este sábado comeza en Sober o ciclo Música no Outono

A mezzosoprano portuguesa, Helena Ressurreiçao, actuará a partir das 20:00 horas no Centro Sociocultural con entrada de balde.

Publicado o

- Advertisement -

Este sábado, 13 de outubro, comeza en Sober o ciclo ‘Música no Outono’. O primeiro concerto correrá por conta da mezzosoprano portuguesa Helena Ressurreiçao, acompañada do pianista Marc Serra.

O espectáculo que leva por nome ‘Lied a tres dimensiones’ inclúe no programa pezas de Gustav Mahler (1860-1911), Antonín Dvořák (1841-1904) e Xavier Montsalvatge (1912-2002).

O ciclo está organizado polo Concello de Sober coa colaboración das Xuventudes Musicais de Sober.

Helena Ressurreiçao

Nacida en Portugal, remata a súa formación académica no Conservatori Liceu con Marisa Roca e traballa actualmente con Nuno de Araújo Pereira. Foi dirixida por Mireia Barrera, Filipe Veríssimo, Jorge Matta, Manel Valdivieso, Daniel Mestre e Esteve Nabona. Actuou coa Orquesta Simfònica Victoria dos Ángeles, Orquesta de Cámara de Vic, Orquestra Sine Nomine e Orquestra XXI.

Recibiu o 1r premio da modalidade de canto no 88º Concurso Permanente de Juventudes Musicales de España, e foi finalista no XIII Concurso Internacional de Música de Les Corts.

Destacan os seus recitais no festival ‘LIFE Victoria’, no Jardí dels Tarongers ou no Teatro Gil Vicente. Formando dúo con Marc Serra, recibiu masterclasses de Sholto Kynoch, Manuel García Morante e Francisco Poyato

ÚLTIMAS

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...

Axudas para a reestruturación e reconversión das viñas

No DOGA do 26 de marzo publicouse a Orde da Consellería do Medio Rural...

6 empresas locais constrúen novas naves no Polígono dos Acivros, en Chantada

O alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, vén de visitar o Polígono dos Acivros...

A Deputación urxe á Xunta a acometer o desdobramento da totalidade do corredor Nadela-Monforte

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, evidenciou a necesidade de completar...