InicioPolítica45.000€ en becas para os pilotos lucenses de rally

45.000€ en becas para os pilotos lucenses de rally

A Deputación de Lugo achega máis de 130.000€ para a promoción do automobilismo na provincia.

Publicado o

- Advertisement -

Este sábado concedéronse as becas que a Deputación ofrece a pilotos lucenses de rally, cun valor total de 45.000 euros.

As becas van dende 1.364 euros ata 7.000 euros e con elas poderán sufragar gastos federativos da actividade competitiva, gastos de inscrición para competicións ou probas oficiais, gastos pola compra ou aluguer do vehículo de competición, gastos de transporte do vehículo e material de competición, así como gastos da adquisición de pneumáticos do vehículo.

11 profesionais lucenses son os beneficiados destas axudas. 5 profesionais do Concello de Lugo, 2 de Castroverde, 2 de Outeiro de Rei, 1 de Friol, e 1 de Sarria. A estas axudas puideron optar todos os interesados que participaron na modalidade de rally de asfalto, terra ou montaña na anualidade 2017.

A Deputación de Lugo achega máis de 130.000 euros para a promoción do automobilismo na provincia. Repartidos entre as axudas ós pilotos de rally, cursos de formación técnica e condución segura para 185 afeccionados e o apoio económico ás catro probas automobilísticas que se celebran na provincia: o Rally San Froilán, o Rally da Ulloa, a Subida a Chantada e a Subida á Pontenova.

ÚLTIMAS

Unha apertura de portas nun encoro pon en perigo a dous pescadores en Carballedo

Os pescadores puideron saír polos seus propios medios despois de pedir axuda ao 112...

Primeira xuntanza sobre “Comunidades de Montes Veciñais e en Man Común, Montes de Saberes”, o 24 de abril ás 16:30 no auditorio de Escairón

A actividade enmárcase no proxecto Comunidades Rurais Sostibles desenvolvido por Acción contra a Fame...

Os libros protagonizan varias actividades en Bóveda

O programa Ler Conta Moito trouxo este martes ata o Centro Sociocultural de Bóveda...

Mes dos Libros e das Letras Galegas na Biblioteca Municipal de Chantada

A primeira proposta será o 26 de abril ás 18:00h con Conta e canta...