Festas animadas polo bó tempo na Terra de Lemos

Miles de veciños e visitantes da comarca gozaron dunha fin de semana repleta de actividades lúdicas

Festa dos Avós en Sober/Deputación de Lugo

Son moitas e en diferentes vilas onde este fin de semana se celebraron festas e actos conmemorativos, algúns deles aínda relacionados co Día das Letras Galegas e que puxeron punto e final ás celebracións relacionadas co día das nosas letras como xa informamos o xoves no XdL sobre as celebracións das Letras Galegas

Deste xeito, en Sarria, esta tarde deuse por concluída a “Semana das Letras e a Lectura” co espectáculo de monicreques e contacontos ” María dos ollos alabadores” da compañía Xarope Tulú. Dende o pasado día 12 ata hoxe, no concello sarriano foron múltiples as actividades que se levaron a cabo para honrar a María Victoria Moreno Márquez.

Do mesmo xeito, tanto no Concello de Pobra de Brollón a través do Festival das Letras Galegas, como na súa parroquia de Cereixa, os veciños disfrutaron de actividades lúdicas onde a diversión estivo asegurada. En Cereixa, os veciños realizaron, como todos os anos pola mesma época, a comida da “Asociación María Castaña” e posteriormente gozaron de preto de 3 horas de teatro realizado por os mozos da aldea.

Outras festas de interese económico e lúdico

Sober foi outro dos concellos da comarca que non quixo que pasara esta fin de semana sen ter ningunha celebración. O sábado, ás 13:30 no Pavillón Plurilingüe Virxe do Carme, centos de veciños da zona derónse cita para celebrar a XIX Festa dos Avós. Un día perfecto para gozar de unha xornada de lecer e compartir mesa con moitos amigos, veciños e coñecidos.

Comensais na Festa do Avós de Sober. Fonte; Concello de Sober

En Quiroga tamén disfrutaron do sol e a calor ao tempo que celebraron a súa “XVIII Mostra do aceite de Quiroga” como xa anunciamos no XdL sobre a Mostra do Aceite de Quiroga. Ao longo da xornada, 6 colleiteiros locias do “ouro líquido” puxeron á venda os seus productos máis exclusivos ao mesmo tempo que facían mostras da elaboración de este exclusivo manxar. Na cita deste ano participou o Deputado do Goberno Interior, Miguel Ángel Soutela, pola achega de 3.000 euros á festa dende a Deputación de Lugo.

Sotuela Vega na Mostra do Aceite de Quiroga/Deputación de Lugo

Para finalizar, a Praza de Abastos de Monforte acolleu durante toda a fin de semana o Mercado de Plantas e Flores onde gran parte dos comerciantes da zona adicados ao sector, puxeron á venda os seus productos ao mesmo tempo que asesoraban aos clientes e lle mostraban a gran divesidade de flora que alí se encontraba reunida.

 

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here