InicioMedio ambiente e PatrimonioOs proxectos europeos queren á Fundación Uxío Novoneyra

Os proxectos europeos queren á Fundación Uxío Novoneyra

Trátase da entidade cultural que máis proxectos europeos desenvolve en Galicia. No 2019 executará dous novos programas, o Erasmus+KA2 e o Le Flocon Build vinculados coa divulgación e potenciación do patrimonio inmaterial.

Publicado o

- Advertisement -

Este ano a Fundación Uxío Novoneyra desenvolve outro proxecto cultural con fondos europeos, o Creative Europe SILO (Operacións Literarias Socialmente Inclusivas). O programa que durará tres anos levará a literatura a pequenos núcleos rurais da provincia.

Para a posta en marcha deste tipo de proxectos a Fundación conta co apoio da Deputación Provincial, “grazas a esta colaboración a Fundación puido desenvolver durante o 2018 ducias de actividades de carácter cultural coas que dinamizar a nosa provincia. De feito,  puidéronse levar a cabo obras de mantemento e mellora na casa-museo do poeta, ademais de poñer en marcha proxectos de innovación cultural”, explica, Pilar García Porto, Deputada de cultura.

Tamén se celebrou o IV Festival dos Eidos, en Folgoso do Courel, unha iniciativa formativa e de lecer que dinamiza a vida cultural da Comarca, tendo como base o ensino permanente a través da literatura. Trátase dunha liña de traballo compartida con outros proxectos a través da rede LITFEST, que lle valeu ao Festival a nominación para os Premios de Festivais Ibéricos na categoría de Festival non Musical.

Novo Rey e Pilar García Porto

O xerente da Fundación, Novo Rey, agradece a colaboración da Deputación que permite realizar tamán actividades como o curso de edición de novas tendencias literarias que se celebrou no Obradoiro do Libro do CENTRAD, e que permitiu que 20 participantes recibiran formación técnica e realizaran unha antoloxía de nova poesía luguesa. Tamén se realizaron traballos para o desenvolvemento do Arquivo Novoneyra, para adaptalo ao programa PARES do Ministerio de Cultura.

No 2019, a Fundación Uxío Novoneyra desenvolverá, entre outras actuacións, o ERASMUS+ KA2, un programa de capacitación de mozos rurais para a súa formación como guías turísticos do Patrimonio Inmaterial da súa comunidade. Levarase a cabo en diferentes países europeos, en Vietnam e no Brasil. En maio presentarase o programa, Le Flocon Build, que formará para a rehabilitación do patrimonio rural coa técnica da Pedra seca, recentemente declarada Patrimonio Inmaterial da Humanidade. No ámbito da literatura, continuaranse os traballos de tradución ao francés do ensaio Os Soños Teimosos de Novoneyra e que xa se presentou na súa edición inglesa no festival Winter Warmerde Cork.

 

ÚLTIMAS

O BNG pon en marcha, “Arranxo XA das nosas estradas”, campaña para mellorar as infraestruturas viarias na provincia

O Bloque Nacionalista Galego de Lugo inicia unha nova campaña para reclamar o arranxo...

8ª Andaina polo Corazón de Galicia, o 21 de abril en Chantada

O domingo, 21 de abril, celébrase a 8ª Andaina polo Corazón de Galicia, que...

Que acontece coas Unidades de Drogodependencias dos concellos?

Na última xuntanza dos concellos que contan con Unidades Municipais de Asistencia á Drogodependencia...

Xornadas Pacegas sobre as Revoltas Irmandiñas, o 6 e 7 de maio no Museo Pazo de Tor

O Museo Pazo de Tor acollerá os vindeiros 6 e 7 de maio a...