InicioEconomíaMonforte porá en funcionamento o seu Porto Seco

Monforte porá en funcionamento o seu Porto Seco

O vindeiro día 6 será clave para coñecer as decisións que acordará a Comisión Europea

Publicado o

- Advertisement -

O presidente do Eixo Atlántico, Alfredo García, e o secretario xeral da entidade, Xoán Vázquez Mao, reuníronse hoxe en Bruselas con Carlo Secchi, coordinador europeo da rede Transeuropea de Transportes, para defender a inclusión da liña A Coruña-Vigo-Ourense-Monforte-o Barco-Palencia no Corredor Atlántico. Durante a reunión Secchi confirmou ó presidente do Eixo que a mencionada liña férrea será proposta pola Comisión Europea o próximo 6 de xuño para a súa integración no Corredor Atlántico, proposta que será remitida para a súa ratificación polo Parlamento e Consello Europeo.

A previsión para a ratificación definitiva é dun ano aínda que o actual Parlamento ten intención de aprobalo antes das próximas eleccións europeas. De tódolos xeitos, a proposta será oficializada antes do 2020 para que poda ser co-financiada no 2021 cos fondos do novo marco comunitario. A Comisión Europea marcouse como prazo o 2030 para que as obras da rede europea estean rematadas.

importancia da aprobación pola comisión europea

A importancia da aprobación por parte da Comisión Europea radica en que a partir da inclusión nos corredores europeos o Goberno Español poderá iniciar os trámites para acometer a obra, que será co-financiada nun 50% pola Comisión Europea. Estas obras permitirán conectar as mercadorías así como o trasporte de viaxeiros a velocidades que rondan os 200 km/h o que garantirá a competitividade dos portos galegos.
Esta reunión, acordada no mes de abril, foi comunicada ó presidente da Xunta de Galicia na xuntanza realizada en maio e na que Alfredo García instou a Núñez Feijoó a impulsar o Porto Seco de Monforte, outra das reivindicacións históricas do Eixo e infraestruturas imprescindibles para conectar as mercancías galegas. Tamén era moi importante para visibilizar os novos trens de 750 metros que circularán polos corredores europeos do transporte ferroviario.

Neste sentido, Carlo Secchi indicou co Porto Seco de Monforte era unha moi boa solución para a competividade da liña.

En declaracións do presidente do Eixo Atlántico considera que, “aunque la decisión no se tomará hasta el día 6, tenemos la certeza de que la Comisión integrará la línea en los corredores europeos, lo que cambiará totalmente el interior de Galicia en términos de desarrollo económico y la competitividad de los puertos. Esta reunión ha sido determinante para nuestros objetivos. Ahora toca colaborar con el Gobierno Español para que agilice las inversiones, se inicien las licitaciones y sensibilizar a la Xunta de Galicia sobre la urgente e imperiosa necesidad de impulsar el Puerto Seco”.

antecedentes

A Comisión Europea abriu recentemente un prazo para que os gobernos nacionais puideran propoñer incorporacións ás propostas que aprobara a Comisión no 2010, cando se aprobara a Rede de Corredores Ferroviarios Europeos. Naquel momento o Eixo Atlántico conseguira que o goberno portugués incluíra na proposta conxunta co goberno español o corredor Aveiro-Salamanca-Palencia-fontera francesa, xa que inicialmente só estaban previstos o chamado eixe 16 (que logo incluíu o corredor atlántico xunto co de Aveiro) Sines, Lisboa, Badaxoz, Zaragoza, Francia e o corredor do Mediterráneo.

Recentemente o goberno español incluíu a proposta aproveitando o prazo referido, o que supuxo un gran avance na reivindicación do Eixo Atlántico. O presidente do Eixe Atlántico consideraba imprescindible trasladar á Comisión a importancia do corredor, o seu impacto socioeconómico e o consenso social xeneralizado que conseguiu. Neste sentido entregóuselle a Carlo Secchi un dossier que inclúe as certificacións dos acordos plenarios a favor do corredor que se adaptaron nos últimos meses as entidades municipais, empresariais e sociais que asistiron ó cumio do Barco o pasado dezaseis de marzo tanto en Galicia como do Bierzo e Astorga.

 

ÚLTIMAS

Campionato de España de Taekwondo, o 4 de maio no Pavillón da Pinguela de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo técnico de Deportes do Concello,...

Bóveda construirá un miradoiro astronómico na Serra de Penas

O obxecto desta intervención consiste na creación dun miradoiro específico e especializado para observar...

Detido por tenencia e distribución de pornografía infantil despois dunha denuncia na Comisaría de Monforte

As xestións practicadas por parte da Comisaría de Monforte de Lemos arroxaron que o...

CSIF Lugo pide ao concello de Monforte que cumpra a lei e recoñeza aos seus traballadores os dous días de asuntos propios pendentes do...

CSIF lembra que o concello está obrigado a recoñecer este dereito dos seus empregados...