Morre unha persoa en Carballedo (Lugo) ao caerlle unha árbore encima

Concello de Carballedo / wikipedia

Unha persoa faleceu na tarde deste xoves ao caerlle unha árbore encima nunha leira situada no lugar de Laxa, na parroquia de Cartelos, no municipio lucense de Carballedo.

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, foi un particular o que avisou do suceso sobre as 17,25 horas, momento no que se mobilizou ao 061-Urxencias Sanitarias, que enviou ao lugar ao helicóptero medicalizado con base en Ourense. Ademais, o persoal do 112 Galicia tamén avisou á Garda Civil e a Protección Civil.

Unha vez na finca, os servizos sanitarios non puideron facer nada por salvar a vida da persoa falecida.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here