O Alcalde de Monforte faise peregrino por un día para atraer o turismo xaponés

O Camiño de Inverno atravesa practicamente a totalidade da Ribeira Sacra ao seu paso polo sur de Lugo

Ribeira Sacra / EP

As relacións diplomáticas e comerciais entre España e Xapón remóntanse ao ano 1868 cando se firmou o “Tratado da Amizade, Comercio e da Navegación”.  Unha relación cada vez máis estreita e dinámica que este ano celebra 150 anos.

Mapa do percorrido do Camiño de Inverno/Twitter

Para conmemorar tan célebre data, o Alcalde de Monforte viaxará ata Ponferrada onde será recibido pola súa alcaldesa,Gloria Fernández, e posteriormente descubrirán unha praca conmemorativa de plantación de cerdeiras xaponesas na ladeira do Castelo de Ponferrada.

Posteriormente,ao redor das 11:00 horas,  unha expedición nipona acompañada polos mandatarios, percorrerá un tramo do Camiño de Inverno co obxectivo de promocionar esta ruta de peregrinación no país asiático e da que a Asociación Camino de Invierno por Ribeira Sacra dá boa conta dela.

 

1 COMENTARIO

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here