IniciosociedadeLucía Pérez na XXI Feira Degustación da Tenreira Galega

Lucía Pérez na XXI Feira Degustación da Tenreira Galega

Hoxe é o día grande desta celebración que exalta a carne deste vacún en Láncara. A cantante do Incio será a atracción musical e o pregón correrá a cargo do Presidente da Audiencia Provincial de Lugo, José Antonio Varela Agrelo

Publicado o

- Advertisement -

O programa de eventos empezou días atrás coa feira de gando, un Campionato de Tute benéfico en favor da Asociación Española contra o Cangro e a Festa dos Maiores na que houbo un xantar popular con actuación e baile; pero o día propio da exaltación da tenreira é hoxe 1 de maio.

A partir das 11:00 h. a música empezará a soar cun pasarrúas a cargo da Asociación Ars Nova e a partir das 12:30 h. ofrecerase unha degustación de balde aos presentes de produtos do país: queixos, galiña de Mos, sidra ecolóxica, xamón, embutidos…

Ás 13:00 h. terá lugar unha ‘actuación vermú’ da cantante do Incio Lucía Pérez e acto seguido o pregón a cargo do Presidente da Audiencia Provincial de Lugo, José Antonio Varela Agrelo.

Chegada a hora de comer os/as que o desexen poden gozar do xantar dedicado á protagonista da feira, a tenreira. O menú costa 14 euros.

Xa pola tarde, farase entrega do premio do concurso de gando e o sorteo dunha tenreira que foi doada pola granxa Gayoso Castro da Deputación de Lugo e ás 17:30 h. concerto de Lucía Pérez.

Cartel do evento, gañador do concurso días atrás / Concello de Láncara

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao pide aumentar as prazas de taxi

A Asociación Veciñal do Saviñao dirixiuse á Alcaldía do Saviñao coa finalidade de trasmitir...

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...