IniciosociedadeXa están pechados os concertos das Patronais de Monforte

Xa están pechados os concertos das Patronais de Monforte

Carlos Baute, Chenoa, DVICIO, Blas Cantó e Señor Aliaga son as actuacións contratadas e contarase coas orquestras Marbella, Finisterre, Principal, La Oca e Panorama.

Publicado o

- Advertisement -

A presentación fíxose na mañá deste día 1, por parte do Alcalde, José Tomé e da concelleira de Cultura, Marina Doutón. Segundo o rexedor, facer a presentación agora débese a que o novo goberno que saia das eleccións non tomará posesión ata medidados de xuño, e “isto deixaría pouco marxe de tempo para organizar as Festas”.

O calendario das actuacións será o seguinte:

Luns 12 de agosto: Grupo de DVICIO, Orquestra Marbella

Martes 13 de agosto: CARLOS BAUTE (repite actuación nas patronais), Orquestra Finisterre

Mércores 14 de agosto: CHENOA, Orquestra Principal

Xoves 15 de agosto: BLAS CANTÓ, Orquestra La Oca

Venres 16 de agosto: Orquestra PANORAMA, Grupo “SR. ALIAGA”

Sinalou Tomé que o que se inviste nas patronais produce un retorno na economía e asegurou que se buscou un programa musical para satisfacer a todos os gustos e estilos. En vindeiros días presentarase o cartel anunciador, o pregoeiro e programa completo das patronais.

ÚLTIMAS

Fin de semana de Fam Trip na Ruta do Viño da Ribeira Sacra

A Ruta do Viño da Ribeira Sacra celebra do 24 ao 26 de maio...

O alcalde de Bóveda na creacion da Comisión de Políticas de Auga, Medio Ambiente e Economía Circular

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, participou recentemente en Madrid na reunión da...

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...