IniciosociedadeAs adegas de Vilachá, preparadas xa!

As adegas de Vilachá, preparadas xa!

O Concello da Pobra do Brollón celebra esta fin de semana, 4 e 5 de maio, a Feira do Viño no conxunto etnográfico destas adegas centenarias da Ribeira Sacra.

Publicado o

- Advertisement -

A Ribeira de Vilachá, de onde vén a materia prima coa que se elaboran viños da subzona Quiroga Bibei da D.O. Ribeira Sacra, reivindica dende hai anos a súa beleza e o seu potencial vitivinícola.

Dende hai 28, concretamente, exaltan os seus caldos nas adegas centenarias que hai na parte alta das viñas, no lugar da Abelaira, na parroquia de Vilachá de Salvadur.  Trátase dun conxunto etnográfico de gran valor patrimonial e catalogadas pola Xunta de Galicia como de intereses turístico cunha especial protección que obriga a un escrupuloso mantemento e restauracións rigorosas. As paredes son de pedra, o tellado de lousa, a dúas augas, e o chan de terra. A maioría delas están pegadas unhas coas outras en perfecta harmonía no medio da fraga e ao redor dun arroio que por alí pasa.

Adegas centenarias en Vilachá / XMF

Os guímaros, e moitos non guímaros tamén, chufan de ser a feira do viño máis enxebre da Ribeira Sacra polo contexto, pois o viño bébese nas propias adegas como se fixo toda a vida e no medio da natureza, entre carballos.

O sábado, 4 de maio, faise a apertura das adegas e postos que compoñen a feira (alimentación, produtos do país, artesanía, etc) ás 12:00 h. Pola tarde, ás 18:00 h. comeza a troula co pasarrúas dos grupos de Cantos de Taberna seguintes: Os Somontanos, Skachacunchas, Os Parrandas, As Macizas Centrais, Os Tabernícolas, Son do Mao, Sómosche D’Herbas e As Recuncadas.  Ás  21:00 h. está programada unha gran chourizada para repoñer forzas e termar do viño que se vai acumulando e chegadas as 21:30 h. o grupo Brassica Rapa tomará o relevo das formacións tradicionais coa misión de continuar a festa ata a media noite.

Interior dunha das adegas / XMF

Para o día 5 máis viño e máis festa. A xornada empezará ás 12:00 h. cunha alborada a cargo do grupo de gaitas da Escola Municipal de Música. Para as 12:30 está programado un novo pasarrúas cos grupos Os Corenta e Cinco, Os Amigos do Caldeiro e As Searas que poñerán acompañamento musical a esta mañá de domingo ata as 13:00 h. cando terá lugar o pregón de Olga Novo. Despois de xantar, e xa como recta final da festa, dende as 15:30 h. amenizará a contorna das adegas a Charanga Terras do Bibei.

O Concello da Pobra do Brollón lembra aos asistentes que haberá un servizo de autobuses dende a Pobra (Concello) e dende Monforte (A Compañía). O sábado a saída será ás 18:00 h. e o regreso ás 3:00 da madrugada. Para o domingo a ida ás 12:00 h. e a volta ás 21:00 h.

ÚLTIMAS

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...

Axudas para a reestruturación e reconversión das viñas

No DOGA do 26 de marzo publicouse a Orde da Consellería do Medio Rural...