IniciosociedadeA D.O. Ribeira Sacra prepárase para o Día Movemento Viño DO e...

A D.O. Ribeira Sacra prepárase para o Día Movemento Viño DO e este día 9 remataba a súa participación en Fenavin

A D.O. Ribeira Sacra pecha con éxito a participación en Fenavin e o sábado día 11 celebra o terceiro Día Movemento Viño D.O. nun catamarán polo río Sil.

Publicado o

- Advertisement -

sábado, 11 de maio, ás 13.30 h. terá lugar o terceiro Día Movemento Viño D.O. no que se celebra un brinde simultáneo e colectivo polo viño con Denominación de Orixe. A D.O. Ribeira Sacra darase cita nun catamarán polo río Sil contando con adegueiros, membros do Consello Regulador, representantes das diferentes administracións, prensa etc. O catamarán sairá pasadas as 13.00 h. do embarcadoiro de Santo Estevo para gozar das paisaxes e os viñedos da D.O. Para o brinde colectivo contarase con maridaxe e a música en directo de Ad Heyra Liti.

Día Movemento Viño D.O.reivindica o viño con Denominación de Orixe e está especialmente dedicado aos mozos, para que se acheguen a descubrir o viño con D.O. nunha contorna de consumo. Nesta terceira edición servirá ademais, para reivindicar o papel que desempeñan as Denominacións de Orixe nas zonas rurais.

As redes sociais xogarán un papel importante durante este día. Aqueles usuarios que compartan as súas fotografías brindando ou gozando desta xornada co hashtag #BrindisMVDO entrarán no sorteo de packs de viño con D.O.  

A D.O. Ribeira Sacra en Fenavin

Fenavin, a feira de referencia do viño español que se celebra en Ciudad Real chegaba este xoves, día 9, ao seu remate con grande éxito para a D.O. Ribeira Sacra. Hoxe pola mañá.a técnica do Consello Regulador de la D.O. Ribeira Sacra, Ruth Fernández, ofrecía unha cata comentada no stand de Caixabank.

Nesta edición do certame participaron tamén as adegas da D.O. Ribeira Sacra: Adega Ponte da Boga S. L., Alma das Donas, Adegas Rectoral de Amandi S.A.U., Grupo Peago, Dominio do Bibei S. L., ReginaViarum S. L. e Ronsel do Sil S. L.

Do Túnel do Viño de Galicia que organizaba AGACAL, Axencia Galega de Calidade Diferenciada, con case 200 marcas comerciais das D.O. vitivinícolas galegas, participaron ademáis das adegas coexpositoras, Adega Cachín, Don Bernardino, Tolo do Xisto e Spanish Wines by Carlos Rodríguez.

Fai menos dun mes a D.O. Ribeira Sacra promocionábase en Gourmets e despois de acudir a Ciudad Real, a seguinte cita coa promoción internacional levaraa a Vinexpo Bordeaux do 13 ao 16 de maio.

ÚLTIMAS

210.000€ para a mellora de tres estradas provinciais en Chantada e no Saviñao

No caso de Chantada, a Xunta de Goberno acordou licitar a mellor de dúas...

Fin de semana de Fam Trip na Ruta do Viño da Ribeira Sacra

A Ruta do Viño da Ribeira Sacra celebra do 24 ao 26 de maio...

O alcalde de Bóveda na creacion da Comisión de Políticas de Auga, Medio Ambiente e Economía Circular

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, participou recentemente en Madrid na reunión da...

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...