IniciosociedadeCal é o futuro do porto seco e do emprego en Monforte?

Cal é o futuro do porto seco e do emprego en Monforte?

O 43% dos parados da zona sur da provincia están no Concello de Monforte, con máis de 1.100 parados.

Publicado o

- Advertisement -

CCOO considera que os úlimos 4 anos no Concello de Monforte foron tempo perdido por non terse implantado ningunha empresa no porto seco e non terse creado empregos no Polígono do Reboredo.

O sindicato asegura non entender que despois de 18 anos o porto seco non teña unha xerencia que impulse a chegada de empresas. Desde o sindicato denuncian que se prometera a chegada de empresas como Pacadar e que o resultado sexa que non chegou nada do prometido por algún representante político e as parcelas do porto seco atópanse totalmente abandoadas.

A Secretaría de Acción Sindical de CCOO Lugo considera o emprego unha prioridade ao contar con máis de 2.500 parados na zona sur, correspondéndolle ao Concello de Monforte máis 1.100, o 43% dos parados da zona sur.

Desde o sindicato amosan a súa preocupación “pola desidia dalgúns políticos falando de emprego para mozos e pais de familia, e deslúmbrannos con farolas e chapapote todos os días”.

ÚLTIMAS

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...

Unha nova vida para Donelle, a aldea de Sober mercada pola cooperativa Ecooo

A Donelle, unha aldea deshabitada do Concello de Sober dende hai varias décadas, preséntaselle...