IniciosociedadeFin de semana de portas abertas en adegas da Ribeira Sacra

Fin de semana de portas abertas en adegas da Ribeira Sacra

A Consellería de Cultura e Turismo celebra as VIII Xornadas de Portas Abertas das Rutas dos Viños. Na ruta da Ribeira Sacra participan 11 adegas da Denominación de Orixe, haberá un servizo de transporte e guía con saídas de Lugo, Ourense e Monforte de Lemos así como tamén visitas guiadas ao patrimonio natural e monumental da zona.

Publicado o

- Advertisement -

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, presentaron onte as actividades previstas para os vindeiros días no territorio da D.O. Ribeira Sacra. Neste acto estiveron acompañados polo presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Viños da Ribeira Sacra, José Manuel Rodríguez, e o presidente do Consorcio de Turismo e alcalde en funcións de Sober, Luís Fernández Guitián.

11 adegas do territorio amparado abrirán as súas portas, oito delas na provincia de Lugo e tres na de Ourense, ofrecendo visitas guiadas e de balde así como tamén a posibilidade de degustar os seus viños. Pero tamén resulta interesante a oferta dalgúns restaurantes da zona, que prepararán menús concibidos para a ocasión maridados con viños da D.O., e a posibilidade tamén de facer visitas guiadas para coñecer o patrimonio paisaxístico e patrimonial da contorna como son o seu abondoso románico, o túnel romano de Montefurado, os canóns do Sil ou os oleiros de Gundivós.

Outro dos reclamos interesantes das xornadas é o Bus do Viño, un servizo de transporte e guía acompañante especializado na Ribeira Sacra cun programa de visitas concreto. O sábado sairán buses dende Monforte de Lemos, Ourense e Lugo e o domingo haberá saídas dende Monforte de Lemos e Ourense. O percorrido é distinto segundo o punto de partida, pero todos inclúen varias adegas e actividades complementarias (visitas a museos, mosteiros, un paseo en lancha polo Miño…).

Estas xornadas de portas abertas das Rutas dos Viño, que se realizan en todas as Denominacións de Orixe de Galicia, enmárcanse nunha acción do goberno galego para impulsar e poñer en valor o enoturismo en Galicia. Neste programa, a Consellería de Cultura e Turismo inviste máis de 230.000 euros para a súa promoción ata 2021.

Máis información sobre Xornadas das Rutas dos Viños na súa propia web.

ÚLTIMAS

Campionato de España de Taekwondo, o 4 de maio no Pavillón da Pinguela de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo técnico de Deportes do Concello,...

Bóveda construirá un miradoiro astronómico na Serra de Penas

O obxecto desta intervención consiste na creación dun miradoiro específico e especializado para observar...

Detido por tenencia e distribución de pornografía infantil despois dunha denuncia na Comisaría de Monforte

As xestións practicadas por parte da Comisaría de Monforte de Lemos arroxaron que o...

CSIF Lugo pide ao concello de Monforte que cumpra a lei e recoñeza aos seus traballadores os dous días de asuntos propios pendentes do...

CSIF lembra que o concello está obrigado a recoñecer este dereito dos seus empregados...