O Páramo contará cun novo servizo de Casa Niño

Nestas instalacións ofrecerase atención personalizada a cativos de entre 0 e 3 anos.

Portas abertas na casa niño do Páramo / Xunta de Galicia

O concello do Páramo contará cun novo servizo de Casa Niño a partir do vindeiro 24 de xuño. Este servizo atenderá de maneira gratuíta a nenas e nenos de 0 a 3 anos. O seu horario será de luns a venres e ten un máximo de cinco prazas.

Esta unidade de atención á infancia está equipada para dar conta das necesidades básicas dos cativos de acordo coa súa idade. Está situada en instalacións do Concello, e conta cun investimento de case 75.000 euros para sufragar os seus gastos durante os próximos tres anos.

Este novo servizo está enmarcado dentro do programa de axudas para a creación de Casas Niño da Xunta de Galicia, dirixido a traballadores autónonos ou cooperativas dispostas a xestionar a atención a nenos e nenas en concellos do rural de menos de 5.000 habitantes. O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, destacou que “esta iniciativa pretende facilitar a conciliación familiar e laboral dos veciños e veciñas do municipio ao tempo que axuda a crear emprego no rural”.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here