IniciosociedadeXa é oficial o programa do III Festival do Viño da Ribeira...

Xa é oficial o programa do III Festival do Viño da Ribeira Sacra

Na presentación, que tivo lugar esta mañá no Museo do Viño da Ribeira Sacra de Monforte, o alcalde José Tomé Roca deu conta das actividades para a edición deste ano e agradeceu o compromiso das 25 adegas que estarán presentes no evento.

Publicado o

- Advertisement -

Despois dunhas semanas de incerteza polas diferenzas que se crearon entre o Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra e o Concello de Monforte respecto á organización, o alcalde tirou para adiante en solitario para manter o Festival do Viño que estaba a coller unha inercia positiva de dous anos dende que se decidira impulsar, daquela tralo consenso entre estes dous organismos.

Así as cousas, Tomé decidiu darlle continuidade. Asumiu a responsabilidade da organización, coa colaboración económica da Deputación de Lugo e a organizativa dunha empresa monfortina, para chegar en tempo e ter unha programación variada e de calidade que ofrecer aos visitantes os días 5, 6 e 7 de xullo no Paseo do Malecón de Monforte de Lemos.

Na edición deste ano participan 25 adegas da D.O. Ribeira Sacra que ofrecerán ao visitante a posibilidade de degustar e gozar dunha ampla variedade de viños que non deixarán indiferente a ninguén, nunha contorna natural, tranquila e confortable á beira do Río Cabe.

Imauguración Festival do Viño da Ribeira Sacra 2018. Foto: Organización do evento

A estrutura do programa é continuista, seguindo o modelo das anteriores edicións haberá oferta variada para satisfacer a todos os públicos. A intención é que o visitante viva unha experiencia para lembrar coñecendo historia, tradición e cultura da Ribeira Sacra. E sumándolle ao anterior, o goce dos mellores caldos das 25 adegas presentes, nun recinto feiral moderno e funcional, e a posibilidade de achegarse a poucos metros á Praza España a gozar de interesantes concertos musicais.

oferta complementaria ao viño para os/as que se acheguen os días 5, 6 e 7 de xullo a Monforte de Lemos é ampla e variada. Dende apuntarse ás “ViñoRutas”, viaxes organizados para coñecer a ‘viticultura heroica’ e descubrir a beleza dos ríos e das ladeiras onde nacen os caldos da Ribeira Sacra, ata gozar da gastronomía, a artesanía e a música.

No recinto feiral haberá tamén postos de artesanía da zona -olería, cerámica, bixutería, coiro-, postos con ampla oferta gastronómica de produtos da comarca, contacontos e obradoiros infantís.

Moi preto do recinto de expositores, na Praza España, haberá concertos as noites dos días 5 e 6 de xullo. O venres 5 actuará ás 23:00 “Nova Galega de Danza” e ás 00:30 h. o grupo tradicional composto integramente por mulleres, “Habelas Hainas”. Para o 6 está programado o concerto de “The Teta’s Van” ás 23:30 h.

O acto de inauguración do “Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte 2019” terá lugar o venres 5 de xullo ás 18:30 h.

Cartel anunciador 2019

ÚLTIMAS

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...