Plan de desbroce da Deputación para limpar 4.300 quilómetros de estradas

O Páramo, Paradela, Sarria, Taboada e O Saviñao, concellos do sur de Lugo nos que se actuará de forma inmediata . Os traballos, xa adxudicados para estes municipios, desenvolveranse durante os anos 2019 e 2020 e contemplan unha partida de case 2,5 millóns.

Traballo de desbroce. Fonte: Prensa da Deputación de Lugo

O Goberno da Deputación xa ten en marcha o ‘Plan de Desbroce’ de estradas da rede viaria provincial que, con 4.300 quilómetros, é a máis extensa de España.

Os traballos, que se adxudican a autónomos e pequenas empresas, case todas da provincia de Lugo, cúmprese co obxectivo de poñer a punto para o verán as estradas que forman a rede provincial.

Grazas a esta acción mellorarase a seguridade dos condutores que circulan polas estradas facilitando a visibilidade na rede viaria e reducindo o risco de avance das lapas no caso de producirse un incendio forestal.  Ao mesmo tempo crearanse postos traballo para moitos autónomos e pequenos empresarios da provincia.

Nas vindeiras semanas iranse adxudicando os traballos a máis municipios da provincia. Máis información en Lugo Xornal.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here