IniciosociedadePlan renove para as estacións de autobuses de Sarria e Monforte

Plan renove para as estacións de autobuses de Sarria e Monforte

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, valorou este venres a apertura do prazo para que as empresas presenten ofertas para executar a renovación e mellora.

Publicado o

- Advertisement -

Segundo informa a Xunta a través dun comunicado, a previsión é que estas obras comecen a finais de ano e o investimento que se calcula para as actuacións de reforma é duns 732.000 euros. Respecto ao prazo de execución, este será de catro meses.

Ethel Vázquez precisou que as empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas para realizar este contrato ata o vindeiro 8 de agosto e que os traballos de renovación van dirixidos a proporcionarlles aos veciños/as e usuarios/as unhas instalacións “máis cómodas e eficientes” e con “máis información” sobre horarios, servizos e liñas dispoñibles.

O contrato que se formalizará cos adxudicatarios prevé reparacións puntuais e melloras nas cubertas deste cinco terminais de autobuses da provincia, coa renovación de pavimentos, principalmente onde están máis desgastados. Tamén se inclúen melloras nas instalacións eléctricas e na iluminación, o arranxo de falsos teitos e aseos e a dotación de equipamento, como pantallas de información ou novo mobiliario para facer máis cómoda a espera.

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...