IniciosociedadeÉxito total da D.O. Ribeira Sacra no Mundial dos Viños Extremos

Éxito total da D.O. Ribeira Sacra no Mundial dos Viños Extremos

O italiano Val d'Aosta acolleu o Mondial des Vins Extrems, onde a Ribeira Sacra colleitou 19 premios.

Publicado o

- Advertisement -

A Denominación de Orixe Ribeira Sacra vén de participar, un ano máis, no Mondial des Vins Extremes, celebrado no Val d’Aosta (Italia). Este certame premia os mellores viños de viticultura heroica, é dicir, aqueles producidos en rexións de montaña ou cunha altitude superior a 500 metros, pendente do terreo superior ao 30% e sistemas vitícolas de cultivo en terrazas.

Nesta edición a D.O. Ribeira Sacra presentaba 51 mostras, 44 de tintos e 7 brancos, de 35 adegas. O balance final foi amplamente positivo, pois obtivo 19 medallas: 12 de ouro e 7 de prata. Os premios entregaranse o 1 de decembro no Forte dei Bard, no mesmo Val d’Aosta. Alí acudirá un representante do Consello Regulador para recollelos e, posteriormente, entregarllos aos gañadores no xantar tradicional que a D.O. organiza a finais de ano.

Os premios levados polos viños da Ribeira Sacra foron os seguintes:

Viños brancos (2018)

  • Medalla de Ouro: Viña Garoña (Adegas Viña Garoña), Vía Romana (Adegas e Viñedos Vía Romana) e Abadía da Cova (Adegas Moure S.A.).
  • Medalla de Prata: ALMALARGA (Alma das Donas S.L.U.).

Viños tintos (2018)

  • Medalla de Ouro: Viña Mezquita (José Manuel Vidas López), Viña Peón (Ernesto Rodríguez Pérez), Castrofiz Barrica (José Luis Pedreira), Don cosme (EDV 2015 S.L.), Finca Cuarta por Rubén Moure (Rubén Moure Fernández) e Regina Viarum (Regina Viarum S.L:).
  • Medalla de Prata: Capador (Adega Tear), Val da Lenda (Víctor Manuel Rodríguez López), Don Bernardino (Don Bernardino S.L:), Tradición (Jorge Feijoo González), Malcavada (Araceli Vázquez Rodríguez) e Prómine (Bodegas Petrón).

Viños doutras anadas

  • Medalla de Ouro: Regina Viarum Ecolóxico 2016 (Regina Viarum S.L.), Don Bernardino Finca Mezquita 2014 (Don Bernardino S.L.) e Condado de Sequeiras Barrica 2016 (Adega Condado de Sequeiras).

ÚLTIMAS

Campionato de España de Taekwondo, o 4 de maio no Pavillón da Pinguela de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo técnico de Deportes do Concello,...

Bóveda construirá un miradoiro astronómico na Serra de Penas

O obxecto desta intervención consiste na creación dun miradoiro específico e especializado para observar...

Detido por tenencia e distribución de pornografía infantil despois dunha denuncia na Comisaría de Monforte

As xestións practicadas por parte da Comisaría de Monforte de Lemos arroxaron que o...

CSIF Lugo pide ao concello de Monforte que cumpra a lei e recoñeza aos seus traballadores os dous días de asuntos propios pendentes do...

CSIF lembra que o concello está obrigado a recoñecer este dereito dos seus empregados...