Iniciosociedade74 pilotos inscritos na "46ª subida a Chantada"

74 pilotos inscritos na “46ª subida a Chantada”

A Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia apoia esta competición automobilística que se desenvolverá do 9 ao 11 de agosto e que alcanza xa a edición número 46.

Publicado o

- Advertisement -

O delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Balseiro, participou este mércores 7 de agosto na presentación oficial do evento. Informou que o organismo autonómico achegará 5.000 euros para contribuír no financiamento da proba e lembrou a importancia do patrocinio da Federación Galega de Automobilismo.

A proba está organizada pola Escudería Chantada, celébrarase do venres 9 ao domingo 11 deste mes de agosto e consiste nunha contrarreloxo puntuable para o Campionato de España de Montaña. Conta xa con 74 pilotos inscritos e é unha das máis esperadas cada ano polos afeccionados/as ao automobilismo de Galicia.

“Entendemos que é importante apoiar este evento que ten un retorno económico e social importante para Chantada e a súa contorna”, afirmou Balseiro. Neste sentido, gabou o éxito de convocatoria, “que se explica pola veteranía e polo importante traballo da organización, á que felicito por ser quen de manter o nivel, e mesmo superarse, en cada edición”.

Esta competición ten como valor engadido o marco paisaxístico onde se realiza, viñedos e canón do río Miño da Ribeira Sacra. Paisaxe considerada como Ben de Interese Cultural e candidata a ser Patrimonio da Humanidade.

ÚLTIMAS

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...