Tres días de loito oficial en Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé, decreta 3 días de loito oficial e este luns ás 12.00 tiveron lugar 2 minutos de silencio pola morte en accidente de tráfico dos dous mozos, veciños de Monforte o día 16.

2 minutos de silencio / Concello de Monforte

O 16 de agosto falecían en accidente de tráfico Antonio Rodríguez Blanco, de 39 años, e Uxía García Robledo, de 20, cando a moto na que circulaban chocou contra un coche no cruce entre a estrada de Castro Caldelas e a rúa da antigua chacinera.

Desde o accidente, que tiña lugar no último día das festas de Monforte, diferentes asociacións  suspenderon convocatorias lúdicas que tiñan programadas para esta fin de semana. Este luns, 189 de agosto, o alcalde de Monforte, José Tomé Roca, decretaba tres días de loito oficial, nos que as bandeiras do Concello ondearán a media hasta.

Tamén hoxe ás 12.00 tiveron lugar 2 minutos de silencio ás portas do concello, un por cada unha das persoas falecidas. Para este acto, o Alcalde convocou a todos os membros dos diferentes grupos que conforman a corporación municipal, a través dos seus portavoces, así como ó persoal municipal.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here